Federación Española de Esperanto

Presentación

A Federación Española de Esperanto (Hispana Esperanto-Federacio) é a asociación que se encarga en España de informar sobre o esperanto e difundilo a nivel nacional. A FEE é a asociación nacional da Asociación Universal de Esperanto (Universala Esperanto-Asocio) para España.

De acordo cos seus estatutos, a FEE é unha asociación neutral, apolítica e sen ideoloxía propia, que ten como obxecto principal a difusión e o emprego da lingua internacional esperanto.

A Federación Española de Esperanto ten unha composición mixta. Está formada por membros individuais e tamén por membros colectivos, normalmente asociacións rexionais ou clubs locais de esperanto. Os membros colectivos pagan unha cota distinta. Os estatutos permiten crear a categoría de "simpatizante", pero na actualidade non se usa.

A Federación creouse en 1947. Ao rematar a Guerra Civil, a maioría das asociacións existentes desaparecera, e só quedaron individuos illados e algúns clubs locais en circunstancias difíciles. Ata oito anos despois de acabada a guerra non se conseguiu volver crear unha asociación nacional, que dende entón continuou o seu labor sen interrupción, se ben con diversos cambios na súa organización e os seus obxectivos.

A FEE posúe unha oficina en Madrid, na Rodríguez San Pedro, 13, onde está a sede oficial. Á parte duns poucos medios materiais, na oficina está a Biblioteca Juan Régulo Pérez, que contén máis de 3500 libros. A FEE encárgase tamén da páxina www.esperanto.es e conta cua Fundación Esperanto financeiramente e para proxectos editoriais.

A FEE edita o seu Boletín trimestralmente e tamén patrocina o congreso español anual, organizado case sempre polas asociacións locais ou rexionais en distintas cidades do país.

Para saber máis sobre a asociación, escribe a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. Para facerte socio, entra en http://www.esperanto.es/hef/images/PDF/HEF-INSCRIPCION.pdf.

 

Las cookies nos permiter ofrecer nuestros servicios. Si continuas navegando, aceptas el uso que hacemos de la cookies. --- Kuketoj ebligas al ni oferi niajn servojn. Se vi eniras nian paĝaron, vi akceptas tion.
Para saber más sobre las cookies lea nuestra / por scii pli pri la kuketoj legu nian política de privacidad / protokolon pri privateco .

  Acepto las cookies en este sitio. Mi akceptas la kuketojn.
EU Cookie Directive Module Information