Federación Española de Esperanto

  • Home
  • Por que facerse socio de HEF?

Por que facerse socio de HEF?

Difundir e aprender esperanto, a lingua internacional, paga a pena. É un órgano de comunicación vivo, cunha ampla comunidade de falantes e un apreciable patrimonio cultural. É un medio de entendemento entre persoas de diferentes culturas, orixes ou estados, que crea lazos por enriba de fronteiras e divisións de todo tipo.

Pero o nivel de coñecemento sobre o esperanto, sobre as súas posibilidades e a súa realidade, é aínda demasiado baixo. Tampouco o número de falantes, aínda que maior do que se percibe pola opinión pública, é tan grande como sería desexable. Por esas razóns, a difusión do idioma, o coñecemento da súa realidade e o convencemento sobre as súas bondades, é unha tarefa aínda imprescindible.

Esas tarefas - información, difusión, convencemento - son as que a Federación Española de Esperanto (Hispana Esperanto-Federacio - HEF) ten como obxectivos básicos da súa actividade. Facéndote socio de HEF contribúes a estas metas e, deste xeito, apoias a difusión da lingua internacional e os seus ideais.

HEF é a principal organización esperantista a nivel do Estado español. Está formada por asociacións e clubs locais, así como tamén por socios individuais.

É unha asociación neutral, que non privilexia ningunha orientación política ou ideolóxica, e só se guía polo respecto aos Dereitos Humanos básicos e pola defensa da comunicación internacional. Calquera persoa pode asociarse, sempre que mostre o seu compromiso polo idioma. HEF respecta e favorece a pluralidade dos seus socios. 

A Federación forma parte da Asociación Universal de Esperanto. Deste xeito, ser socio de HEF supón simultaneamente ser membro desta organización internacional, e contribuír á difusión do esperanto a nivel mundial.

Os socios de HEF teñen o dereito de participar na vida interna da asociación, fixar os seus obxectivos, elixir á súa directiva, propoñer iniciativas e campañas. Ademais reciben o Boletín trimestralmente e poden participar nos foros internos. 

Os socios de HEF reciben rebaixas nas cotas para os encontros organizados ou patrocinados pola asociación, e tamén gozan de prezos especiais nos materiais que HEF ten á venda.

A Federación xestiona o dominio de Internet http://www.esperanto.es, con versións en castelán e esperanto, e parcialmente noutras linguas españolas. Dispón dunha oficina en Madrid, cunha biblioteca de máis de 3500 exemplares de libros e outros materiais, a disposición dos socios. A biblioteca dispón da súa propia páxina web (http://www.esperanto.es/biblioteko), onde tamén se aloxa a "Bitoteko", o noso repositorio dixital con materiais históricos, moitos de gran valor. 

En ocasións, HEF edita material en ou sobre o esperanto. A promoción do valor da cultura en esperanto, e tamén a difusión da cultura española por medio deste idioma, atópanse entre os obxectivos da nosa organización.

Os socios menores de 30 anos son á vez membros da Sociedade Xuvenil Esperantista Española (Hispana Esperantista Junulara Societo - HEJS).

Únete a nós. Enche o formulario de adhesión. E se queres coñecer outras formas de colaborar coas nosas actividades ou apoiar os nosos obxectivos, non dubides en contactarnos na dirección Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Necesita activar JavaScript para visualizarla.

LA ANTAŬENIGO DE ESPERANTO ESTAS NIA CELO