Federación Española de Esperanto (Hispana Esperanto-Federacio – HEF) é unha asociación que ten como principal obxectivo promover a información e o coñecemento da lingua internacional esperanto, e facilitar a súa aprendizaxe e difusión.

Se estás a ler este texto, confiamos en que coincidas connosco en que difundir e aprender o esperanto merece a pena. É un órgano de comunicación vivo, cunha ampla comunidade de falantes e un apreciable patrimonio cultural. É un medio de entendemento entre persoas de diferentes culturas, orixes ou estados, que crea lazos por enriba de fronteiras e divisións de todo tipo.

Tanto se xa o falas, coma se estás nunha fase inicial ou estás a pensar en aprendelo, invitámosche a que colabores connosco na súa difusión, axudando a que adquira unha base aínda máis sólida de falantes e incrementando a súa cultura e as súas posibilidades de uso.

HEF está formada exclusivamente por voluntarios, a nivel individual ou como membros dos grupos asociados. Nin os socios nin a directiva se dedican profesionalmente a este labor, e polo tanto calquera colaboración é benvida.

FAITE SOCIO DA FEDERACIÓN

Ao facerte socio da Federación Española de Esperanto contribúes a estes obxectivos básicos e deste xeito apoias a difusión da lingua internacional e os seus ideais.

HEF é a principal organización esperantista a nivel do Estado español. É unha asociación neutral, que non privilexia ningunha orientación política ou ideolóxica, e só se guía polo respecto aos Dereitos Humanos básicos e pola defensa da comunicación internacional. Calquera persoa pode asociarse, sempre que mostre o seu compromiso polo idioma. HEF respecta e favorece a pluralidade dos seus socios. 

A Federación forma parte da Asociación Universal de Esperanto. Deste xeito, ser socio de HEF supón simultaneamente ser membro desta organización internacional, e contribuír á difusión do esperanto a nivel mundial.

Ademais, os membros de HEF gozan de certas vantaxes nas actividades da asociación, das que podes informarte nunha folla á parte.

COLABORA NAS NOSAS INICIATIVAS

HEF organiza campañas e desenvolve iniciativas para difundir a lingua esperanto. Por exemplo, no 2012 organizamos unha campaña para conmemorar o 125 aniversario da aparición do primeiro libro que presentaba este idioma. Todas as accións son organizadas e desenvolvidas por voluntarios, e a asociación acepta e agradece calquera iniciativa e colaboración dos falantes do idioma ou os seus simpatizantes.

Se dominas algunha área de especialización, tal como ensino de linguas, relación co público ou os medios de comunicación, tradución, informática e Internet, ou calquera outra, estaremos encantados de contar coa túa contribución. Pero as simples ganas de botar unha man válennos.

Se queres colaborar, ou se desexas propoñer iniciativas, non dubides en escribirnos. Tamén podes apuntarte aos foros dos que dispoñemos, e dos que te informaremos individualmente.

ADQUIRE OS NOSOS MATERIAIS

En ocasións, a Federación crea e edita material para a súa venda. Tamén distribuímos materiais editados da Fundación Esperanto ou dos clubs e asociacións locais, ademais de libros e material gráfico e audiovisual para aprender a lingua.

O Servizo é moi modesto, pero non dubides en solicitarnos un catálogo ou información sobre outros lugares onde poden adquirirse estes materiais.

Tamén podes aboarte ao noso Boletín trimestral, con informacións sobre as nosas actividades e sobre a actualidade do esperanto, escrito totalmente neste idioma. Os socios recíbeno de forma gratuíta, pero é posible adquirilo ou abonarse a el.

FAI UN DONATIVO

Podes facer unha doazón económica á Federación. Este diñeiro ou material será empregado para os obxectivos xerais da asociación, ou pode dedicarse a un servizo ou campaña específica da túa elección. En calquera caso, se utilizará exclusivamente en actividades a favor do esperanto. 

Pódese doar:

  • mediante transferencia bancaria ou tarxeta de crédito a nosa conta en BBVA 0182-1252-31-0204011961 (IBAN ES85 0182 1252 3102 0401 1961) ou en TRIODOS BANK: ES24 1491 0001 2420 0926 4025
  • mediante a nosa conta en , a nome de HEF – Hispana Esperanto Federacio (admin@esperanto.es)

A Federación Española de Esperanto é unha asociación de utilidade pública, de acordo coas leis españolas, e as doazóns gozan de vantaxes fiscais.

DIFUNDE AS NOSAS ACTIVIDADES

Difunde o esperanto e dá a coñecer o labor da Federación. Dispoñemos de folletos e materiais informativos que con gusto podemos poñer á túa disposición para labores de información e publicidade. HEF dispón tamén de diverso material para ser empregado en exposicións, conferencias e outras vías de difusión. Non dubides en solicitar o material ou información a info@esperanto.es

Publicita a nosa páxina http://www.esperanto.es. Tamén os nosos espazos nas redes sociais (en FacebookTwitterGoogle+, ou a nosa canle en Youtube) merecen ser seguido e difundidos.

Informa os teus amigos, os teus círculos sociais, e tamén a outros simpatizantes do idioma ou a falantes que non manteñen unha relación constante co movemento organizado, pero que poderían estar interesados na difusión e o coñecemento do esperanto.

E non dubides en chamarnos ou escribirnos se desexas simplemente saber algo máis sobre a nosa asociación ou propoñer a túa axuda. Estaremos encantados de contar coa túa colaboración.